O Informe Avante sobre mercadotecnia en Galicia prevé un medre na Rede do 15,6%
venres, 12 de xuño do 2015
Na mañá de onte
presentábase
en Compostela o resultado do Informe Avante 2015 da mercadotecnia en
Galicia. O que se deduciu desta análise é que as principais
empresas galegas investirán o 3,9% máis en publicidade e
mercadotecnia en 2015. Tamén se concluÃu que sete de cada tres
euros encamiñados a medios convencionais invÃstense en prensa
(49,3%) e radio (21,4%).
En canto aos medios que
experimentarán maior medre ao longo de 2015, son Internet cun
incremento do 15,6% e a televisión cunha variación do 8,1%; a
prensa continua sendo a que máis investimento recibe e medra un
5,1%.
No acto de presentación
de onte, ao que asistiron directivos de mercadotecnia e dos medios,
Alfonso Boullosa, director de Avante en Galicia, José LuÃs Reza,
presidente de Markea (Asociación Galega de Mercadotecnia) e Daniel
González, director de Invesmark.
A segunda edición do
Informe Avante da mercadotecnia en Galicia, reforza o seu compromiso
de converterse no barómetro anual de referencia do sector,
centrándose na actividade de mercadotecnia das principais empresas
galegas. O panel de directivos de mercadotecnia está formado por
profesionais das 38 principais empresas e institucións de Galicia
por cifra de vendas ou investimento publicitario e pertencen a
sectores como industria, alimentación, distribución, centros
comerciais, turismo, telecomunicacións, servizos financeiros, sector
público, etc.
Máis polo miúdo, os
participantes do segundo Informe Avante agardan unha mellora do 72,2%
da situación económica de Galicia en 2015 e ningún dos enquisados
pensa que a situación será peor que a rexistrada en 2014.
O 77,1% dos enquisados
neste informe prevé unha evolución favorábel no nivel de confianza
do consumidor galego ao longo de 2015; ningún dos enquisados
considera que irá a peor e o 22,9% pensa que a confianza do
consumidor non vai variar nos vindeiros meses.
En canto á rendibilidade
do seu sector, o 52,8% dos panelistas deste estudo das principais
empresas investidoras de Galicia en mercadotecnia e publicidade,
afirman que mellorará durante 2015; mentres o 42,9% pensa que se
manterá no presente exercicio.
De falarmos de
actividades das marcas, o 91,7% dos enquisados citan a Estrela
Galicia como unha das empresas galegas que realizou "mellor
mercadotecnia" en 2014, seguida por Inditex (63,9%), Gadisa e R
Cable sitúanse no terceiro posto, cun 50% en ambos os casos.
En canto ás empresas ou
institucións de Galicia que realizaron as mellores campañas
publicitarias en 2014, os enquisados sitúan nas primeiras posicións
a Estrela Galicia (75, 5%), seguida por Abanca (47,2%), Gadisa
(38,9%), R Cable (27,8%), Turismo de Galicia (16,7%), Gas Fenosa e
Mondariz cun 13,9% ambas.