O MSI Wind U115 podería chegar ás 25 horas de autonomía
martes, 14 de abril do 2009
A carreira pola
autonomía dos equipos portátiles disparouse coa chegada dos ultraportátiles,
pois destacaban por un consumo moi reducido, e así hoxe temos equipos que cun
rendemento aceptable poden manterse moitas horas en funcionamento cunha única
carga da súa batería, sendo un dos últimos logros conseguidos a este respecto
unhas probas que fixeron nunha web xermana na que probaron a autonomía dun MSI
Wind U115 cun disco híbrido SSD/HDD cunha batería de 9 celas, chegando a
rexistrar 25 horas de duración correndo a aplicación
Battery Eater.
O
equipo funcionou dende as 20:20 horas dun día ata as 21:24 horas do día
seguinte, de xeito que estivo operativo un total de 25 horas, 4
minutos e 16 segundos, o que non indica que esa sexa a duración da batería de 9
celas baixo un uso normal, pero estímase que a autonomía real do equipo estaría entre as 10,5 e as 25 horas, o que resulta
impresionante especialmente se temos en conta que o seu prezo sería de só 619
euros (existindo tamén un modelo sen disco híbrido que reduciría o seu prezo a
489 euros), aínda que os modelos de serie veñen cunha batería se 6 celas (que
promete unha autonomía dunhas 14 horas).