O Ministerio de Cultura xunta a expertos para analizar o fenómeno do libro electrónico
mércores, 16 de setembro do 2009
- O Papyre 6.1 é un dispositivo de lectura de e-books de fabricación española
Dentro do Observatorio
da Lectura e o Libro creado en 2007 creouse un grupo de traballo sobre o libro
electrónico que esta
semana celebrou a súa primeira xuntanza, presidida polo director
xeral do Libro, Arquivo e Bibliotecas, Rogelio Blanco, e formado por
representantes do sector público e privado relacionados coa industria do libro,
as novas tecnoloxÃas, o fomento da lectura, as bibliotecas e a investigación.
As xuntanzas pretenderán compartir coñecementos para a elaboración dun informe
que achegue datos e extraia conclusións sobre a realidade e potencial do formato
dixital para o libro, expóndose tamén outras cuestións coma os proxectos e
adaptación da industria editorial, a utilización do libro electrónico no ensino
e an investigación universitaria, os cambios na canle de distribución e a
incidencia do novo formato nos hábitos de lectura dos españois.
A defensa dos dereitos de autor e as polÃticas da Administración dirixidas a
iniciativas de dixitalización e comercialización do libro electrónico tamén
serán temas a tratar.