O Moblin 2.0 incorpora The Moblin Garage

luns, 28 de setembro do 2009 Marcus Fernández

The Garage Installer facilita a instalación de distintas aplicacións

A distribución de Linux fundada por Intel e dirixida a ordenadores con procesadores Atom (tanto netbooks coma nettops) chegou á súa versión 2.0, incorporando The Moblin Garage, un catálogo de aplicacións instalables a través da Internet.
O Moblin 2.0 pode executarse tanto dende CD coma dende unha memoria USB, e aínda que o seu soporte de hardware non é exhaustivo, funciona perfectamente en ultraportátiles coma o Acer Aspire One, o Asus Eee PC 901/1000/1000H, o Dell Inspiron 910, o MSI Wind, o Lenovo S10 ou o Samsung NC10, estando esta distribución de Linux especialmente deseñada para funcionar nas súas pantallas de pequeno tamaño e coas súas limitacións de potencia.

A interface de Moblin está adaptada a pequenas pantallas