O Plan concertado estrea ferramenta informática para axilizar a súa tramitación
mércores, 13 de abril do 2011
- Susana López Abella en rolda de prensa
Os concellos dispoñen
este ano dunha aplicación informática, en soporte web, para facilitar a
elaboración dos formularios de solicitude do coñecido como Plan Concertado, que
se ocupa de financiar os servizos sociais comunitarios dos concellos e do
servizo de axuda no fogar para persoas dependentes, e que inclúe tamén o Plan
de desenvolvemento xitano. A nova ferramenta está a disposición das
corporacións locais no apartado recursos do
portal de Benestar.
A secretaria xeral de
Familia e Benestar, Susana López Abella, informou hoxe aos traballadores e
traballadoras sociais de A Coruña (nos próximos dÃas cos traballadores e
traballadoras sociais das outras provincias galegas) da nova ferramenta e sinalou
que a Xunta decidiu deseñar esta aplicación, na que se introducen os datos
dunha única vez e na que os cálculos realÃzanse de xeito automatizado,
permitindo unha correcta elaboración das solicitudes e axilizará o
procedemento, ao diminuÃr, previsiblemente, o número de requirimentos de emenda
que haberÃa que enviar ás corporacións locais.
O coñecido como Plan Concertado financiará este año de
maneira inicial con máis de 47 millóns de euros os servizos sociais
comunitarios dos concellos, o plan de desenvolvemento do pobo xitano, e o
servizo de axuda no fogar para persoas dependentes. As entidades locais poderán
dispoñer de ata un 100% de anticipo para facilitarlles ás corporacións locais a
tesourerÃa suficiente para facer fronte aos seus servizos.