O Plan de Banda Larga facilitará conexións a Internet de até 350 Mbps a polÃgonos de Lugo
venres, 16 de febreiro do 2018
O Plan de Banda
Larga da Xunta facilitará este ano o acceso a Internet con velocidades de até
350 Mbps a outros 9 polÃgonos lugueses, acadando asà un total de 14 superficies
empresariais da provincia con redes ultrarrápidas segundo anunciaron esta mañá
a directora da AMTEGA, Mar Pereira, o director xeral de R, Alfredo Ramos, e o
delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.
As actuacións do Plan
comezaron en agosto 2016 e ao remate de 2017 habÃa 5 polÃgonos da provincia con
este servizo de banda larga ultrarrápida. Unha vez completado o Plan o 85% das
superficies empresariais ocupadas da provincia terán acceso a redes de máis de
100 Mbps.
Ademais, como complemento a
esta actuación, a AMTEGA abriu en 2017
unha convocatoria de axudas para dotar de redes ultrarrápidas a empresas e
autónomos das zonas máis illadas do rural. Destináronse un total de preto de
400.000 euros á subvencionar solucións especÃficas a máis de 30 empresas que
agora dispoñen de velocidades
de acceso a internet de entre 50 Mbps e 350 Mbps.
As empresas dos
polÃgonos beneficiados desta actuación do Plan poden contratar servizos de
Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada
e 35 de subida, e cunha garantÃa de caudal do 80% sen lÃmite de descargas.
Prazos e orzamento
O Plan xa completou o despregamento 51 polÃgonos da Comunidade e este ano chegará
aos 30 restantes. Deste xeito, en 2018, un total de 130 polÃgonos, que
concentran case o 93% da
superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mbps.
A AMTEGA subvenciona estes despregamentos cunha axuda de 3,4 millóns de
euros, que xerarán un investimento total de 5,2 millóns de euros. Estas
subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo AgrÃcola de Desenvolvemento
Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020
(PDR).
Axudas para núcleos de poboación do rural
Tras as dúas primeiras actuacións orientadas a mellorar a conectividade no
tecido empresarial, a AMTEGA puxo en marcha o pasado 15 de xaneiro a terceira
actuación para facilitar o acceso a
redes ultrarrápidas en zonas do rural que non contan con esta cobertura nin
previsión de dispoñer destas redes.
Onte, xoves 15 de febreiro, pechábase o prazo de presentación de
solicitudes para acceder a esta liña de axudas cun importe total de 14,2
millóns de euros, dirixida a operadores de telecomunicacións para facilitar o
acceso a internet de cando menos 100 Mbps en núcleos de menos de 150
habitantes.
Os operadores poderán actuar en calquera das 26.386 entidades de
poboación de menos de 150 habitantes e noutros 80 núcleos de entre 150 e 300
habitantes.
As redes coas que se dote ás entidades de poboación deberán proporcionar
servizos de cando menos 100 Mbps de baixada e 20 de subida, non establecer
limitacións de descargas e permitir a realización de comunicacións de voz e
vÃdeo en tempo real.
A Administración autonómica concederá unha subvención máxima do 90% do
custo total de cada proxecto. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo
Europeo AgrÃcola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de
desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).
Con esta
medida a Administración autonómica actuará nos núcleos máis pequenos con fondos
FEADER, mentres que o Estado focalizará os seus esforzos en cubrir as entidades
de maior tamaño coas convocatorias xa en marcha e as que licite nos vindeiros
anos no marco do Programa Nacional de
Extensión da Banda Larga de Nova Xeración (PEBA).