O Premios Youtubeir@s 2020 incrementan a súa dotación económica
martes, 21 de abril do 2020
Os Premios Youtubeir@s 2020, creados para fomentar
a creación audiovisual en galego, contarán con numerosas novidades segundo
recollen as
súas bases, nas que podemos ver un incremento da dotación en premios (que
medra até un total de 7.500 euros) á vez que elimina as categorÃas de vÃdeo-facermos
e vÃdeo-opinarmos.
A nova edición dos premios está aberta a maiores de 14 anos que autoproduzan
vÃdeos subidos a YouTube, podendo participar cun ou varios vÃdeos e/ou cunha
canle, con contidos posteriores ao 27 de setembro de 2019, estando aberta a
inscrición entre o 27 de maio e o 23 de outubro.
Os 12 premios desta edición recoñecerán a mellor canle, o/a mellor youtubeir@ e
ao mellor vÃdeo cunha contÃa de 1.000 euros cada un; e tamén contará con 9 categorÃas
menores nas que premiarase en cada unha a calidade lingüÃstica, o impacto, a
calidade técnica, a comunicación, a creatividade, a música, a didáctica, o carácter
pioneiro e o apoio do público.