O Repositorio documental sobre Software Libre supera os 85 documentos e 100 vÃdeos
mércores, 18 de maio do 2011
A SecretarÃa Xeral de
Modernización pon a disposición da cidadanÃa galega o Repositorio documental sobre
Software Libre co obxectivo de facilitar o acceso a material formativo e de
difusión neste ámbito baixo formatos abertos e licenzas libres. Esta concibido
como un servizo vivo que irá incorporando os documentos relacionados con FLOSS
xerados pola comunidade de axentes do software libre de Galicia.
O material que se
distribúe a través do repositorio documental axudará a comprender os beneficios
do uso do Software Libre e de Fontes Abertas e, ao estar publicado en formatos
abertos e con licenzas libres, permitirá maximizar a súa reutilización e
aproveitamento. O Repositorio documental habilitouse no wiki do portal mancomún
pola súa facilidade de uso, a posibilidade de edición colaborativa do mesmo asÃ
como a flexibilidade de categorización da información.
Actualmente conta xa cunha nutrida cantidade de documentación correspondente a
todo o material elaborado ao longo do ano 2010 polos distintos axentes FLOSS
galegos ao abeiro dos diferentes convenios de colaboración asinados coa Xunta
de Galicia.
AsÃ, grazas ao traballo de AGASOL, das oficinas de software libre das 3
universidades galegas, as asociacións GALPon, GHANDALF , GPUL , Inestable ,
OUSLI e Trasno e a propia Xunta de Galicia, o
actual repositorio contén máis de 85 documentos, empregados en xornadas de
difusión ou cursos de formación, e uns 100 vÃdeos formativos, todos eles en
formatos abertos e con licenzas libres.
Entre os traballos
realizados están o Catálogo de produtos e servizos TIC das empresas FLOSS
galegas; a Comparativa de plataformas de comercio electrónico baseadas en
software libre; as PÃlulas docentes de software libre e de código de fontes
abertas; os VÃdeomanuais FLOSS; os VÃdeos do I festival de curtas creative
commons; o Curso de Administración avanzada de sistemas con ferramentas libres;
o Curso de Informática Libre para unha sociedade libre; o Curso de introdución
ao GNU/Linux para Técnicos Especialistas en Informática; o Curso de tradución
ao galego de aplicacións informáticas libres; o Libro Creando Software Libre de Karl Fogen e o Manual Comezar con Ubuntu 10.04 en lingua galega, entre outros moitos.
Este material verase incrementado durante este ano,
segundo se vaian realizando as distintas actividades en colaboración cos
axentes FLOSS galegos.
