O Windows 7 pode reservarse no Reino Unido por só 49,99 libras
mércores, 15 de xullo do 2009
As actualizacións a Windows
7 xa levan uns dÃas podéndose reservar nos EE.UU. a un prezo promocional (49
dólares) o que parecÃa que non Ãa chegar a Europa por mor de que a versión que
temos aquà do sistema operativo é diferente (carece do Internet Explorer
preinstalado) pero finalmente vemos cómo no
Reino Unido xa pode encargarse a actualización a Windows 7 Home Premium E por
49,99 libras esterlinas (57,13 euros) ou incluso menos (44,97
libras a través de Amazon) o que supón unha importante rebaixa
fronte ás 149,99 libras que custa fóra da promoción.
Esta promoción serÃa para un número
limitado de unidades, podendo durar coma moito ata o 9 de agosto,
mentres que a actualización a Windows 7 non comezará a enviarse aos compradores
ata o 22 de outubro, data de lanzamento do novo sistema operativo de Microsoft.
A existencia desta promoción no Reino Unido abrirÃa a porta a que lanzasen
ofertas semellantes en España, aÃnda que hai que considerar que a actualización non é realmente tal, xa
que para
a súa instalación hai que partir de cero,
pois ao eliminarse o Internet Explorer non pode partirse dunha versión anterior
de Windows (coma XP ou Vista) coma fan nos EE.UU.