O Zulo convÃdanos este sábado a mergullarnos na cultura e tecnoloxÃa libres
mércores, 25 de outubro do 2017
A
Asociación Comunidade O Zulo, con sede en Mugardos, organiza o
vindeiro sábado 28 de outubro o evento Xornada
de Software e Cultura Libre, un encontro aberto e de balde
dirixido a mostrar o potencial e a riqueza produtiva e cooperativa
dos programas e a cultura libres para calquera ámbito social,
cientÃfico, construtivo ou empresarial que nos imaxinemos. A
xornada, que conta coa colaboración do Concello, será unha cita
familiar para (primeiro) botarmos un ollo ás principais achegas das
novas tendencias argalleiras e (segundo) poñernos mans á obra en
materia de drons, fotografÃa, electrónica e tecnoloxÃas abertas.
O
programa de actividades é do máis completo. Comezarán ás 9.30
horas, da man de Marcos Vázquez e Jorge Lama, cun obradoiro de
iniciación á fotografÃa dixital, un roteiro fotográfico por
Mugardos e, logo, un relatorio sobre a publicación de contidos con
licenzas abertas. O programa continúa ás 12.30 horas, co taller
Iniciación á pilotaxe de drons, a cargo de Jorge Lama, e
prosegue logo do xantar, ás 16.00 horas, cun obradoiro de
retroelectrónica e a presentación do proxecto Chocoware, a máquina
recreativa libre mugardesa. Estas actividades correrán a cargo de
Christian López, da asociación O Zulo. De xeito paralelo, o
colectivo VermisLab desenvolverá un taller de papitrónica
(papiroflexia e electrónica para cativos) e, ao fÃo das 17.45
horas, levarase a cabo o relatorio Os perigos de Internet, a
cargo de Mario Barcala.
