O bot Robin asesora ós mozos sobre as ETS e o consumo de alcohol
xoves, 10 de xaneiro do 2008
- Rosa GarcÃa e Bernat Soria co director do IES JoaquÃn Rodrigo, Félix Peñalver, durante a presentación de Robin
O ministro de Sanidade e Consumo, Bernat
Soria, e a presidenta de Microsoft Ibérica, Rosa GarcÃa, presentaron un bot para o servizo Windows Live
Messenger que actúa coma un interlocutor para os mozos que empregan o servizo
de mensaxerÃa instantánea de Microsoft e ó que lle poden facer preguntas
relacionadas coas enfermidades de transmisión sexual e o consumo de alcohol.
O
asistente automatizado responde ó nome de Robin, e dirÃxese ós novos con
mensaxes claras e directas, aproveitando as posibilidades da Internet para achegarse
ós mozos e mozas de entre 12 e 17 anos, que só teñen que engadir coma contacto
no Messenger ó usuario co enderezo electrónico robin@msc.es, tralo que poderán
dirixirse a este orixinal robot, ante o que se agarda que non sentirán vergoña.
O sistema automatizado aÃnda está nunha primeira fase, pretendéndose que máis
adiante poida contestar tamén a preguntas sobre o consumo de drogas e a
prevención do tabaquismo.
Segundo Rosa GarcÃa, o desenvolvemento de
Robin a través de Windows Live Messenger a tecnoloxÃa «demostra a súa utilidade para coa comunidade», pois da lugar a
novos servizos e aplicacións aplicadas «a
cuestións de interese como a educación dos mozos».
O servizo de mensaxerÃa instantánea conta xa con distintos robots que permiten acceder a contidos da enciclopedia Encarta, a
información turÃstica ou a resultados deportivos, de xeito que establecen unha
ponte entre o chat e outros servizos
da Internet.