O bus da formación dixital de Xeración D recala este 21 de xuño en Boiro (até o venres)
martes, 20 de xuño do 2023
A
partir deste mércores e até o venres 23 de xuño o espazo
itinerante Únete a la Generación D, cada día somos más
visitará a localidade de Boiro. Trátase dunha iniciativa abeirada
ao catálogo de actuacións en materia de competencias dixitais do
Pacto Pola Xeración D, da cal forma parte a Asociación Boirense de
Empresarios (ABE). Previamente
o itinerario fixo unha parada en Rianxo.
A
unidade móbil estará situada diante do Concello, na praza de
Galicia, e pode acudir calquera persoa que este interesada en
mellorar as súas competencias dixitais.
Esta
experiencia ofrece aos usuarios unha longa listaxe de de recursos e
orientación para o sinxelo desenvolvemento dos seus coñecementos
tecnolóxicos, aplicábeis a todos os ámbitos da vida tanto laborais
como persoais. En concreto, os asistentes recibirán orientación e
recursos de mellora no relativo a múltiples aspectos da vida diaria,
como procuras en Internet, redes sociais, ciberseguridade, xestións
en liña, etc...
Tecnoloxía
inmersiva
A
unidade móbil está equipada con tecnoloxía inmersiva que convida a
participar nunha serie de actividades prácticas para fomentar e
incentivar o desenvolvemento das competencias TIC. A visita comeza
cun test autodiagnóstico que permite a cada visitante coñecer o seu
nivel de madureza dixital, e con estes resultados as persoas
participantes enfrontaranse a xogos e actividades do máis variado e
de todos os niveis: dende aprender a realizar unha procura óptima na
Internet ata fuxir das fake news, optimizar o uso das súas
redes sociais ou xestionar a súa identidade dixital.
A
ABE lembra que “estes resultados tamén serven para personalizar a
experiencia e poñer a disposición dos asistentes mancheas de
cursos, formacións ou obradoiros que se celebrarán noutras ocasións
nas entidades adheridas ó pacto pola Xeración D”, como é o caso
de ABE.
A
quen vai dirixido?
Os
obradoiros, xogos e actividades están pensados para que toda a
cidadanía participe na experiencia, con especial atención a
desempregados, mulleres maiores de 45 anos, séniors…
A
experiencia é totalmente de balde e ten unha duración aproximada
duns 30-40 minutos.
As
persoas interesadas en asistir poden reservar a súa praza a través
de www.abe.gal.
Motivación
O
autobús contará cunha sala de escape na que os usuarios terán que
poñer en práctica o aprendido se queren resolver o xogo e lograr
saír da sala. Para aqueles que queiran aprender da man de formadores
profesionais, nas unidades impartiranse obradoiros grupais e mesas
redondas ao redor da actualidade dixital.
Achégase
tamén, a xeito de elemento motivador, o engadido extra de acumular
puntos: segundo o número de usuarios que interactúen no autobús, a
localidade conseguirá posicionarse no posto número un da
clasificación xeral de municipios de España. O municipio que máis
puntos obteña terá premio.
Durante
os meses de xuño e xullo os autobuses de Xeración D farán
parada en horario de luns a xoves de 10.00 a 13:30h e de 17.00 a
20:30h, os venres e sábados de 10:00h a 13:00h e de 17.00 a 21:00h
en:
– Santiago de Compostela
– Rianxo
– Boiro
– Carballo
– Santa Comba
– Arteixo
– Culleredo
– A Coruña
– Oleiros
– Sada
– Betanzos
– Fene
– Ferrol
– As Pontes de García Rodríguez