O centro atlanTTic convoca un concurso de fotografías con iPhone
mércores, 22 de novembro do 2023
O
Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da
Universidade de Vigo, atlanTTic,
lanzou a primeira edición dun premio para “incentivar a
participación na investigación forense que realizan no centro”.
O centro vigués convidou ao público en xeral a compartir fotos en
modo retrato tomadas cos seus dispositivos iPhone, as cales, segundo
explica atlanTTic, permitirán recompilar datos esenciais para a súa
análise e contribuirán a alcanzar avances nas súas investigacións.
Para
participar, as persoas interesadas deben seguirse as instrucións
proporcionadas no formulario para capturar e enviar as fotos en modo
Retrato (Portrait) con iPhone, e o período de
presentación de imaxes estará aberto ata o venres 22 de decembro de
2023.
As
bases do premio recollen que cada participante deberá enviar un
total de 20 fotos realizadas cun mesmo dispositivo iPhone, capturadas
en dúas sesións de 10 imaxes cada unha. Cada participante que posúa
máis dun dispositivo iPhone, poderá enviar imaxes desde cada un dos
seus dispositivos para aumentar a súas posibilidades de gañar.
Terase
en conta que por cada dispositivo iPhone diferente utilizado para
enviar fotos, o/a concursante recibirá unha participación no
sorteo, e aqueles dispositivos marcados con unha estrela ou dúas,
permitirán a cada concursante sumar unha ou dúas participacións
extra.
As
fotos deberán cumprir cos requisitos especificados nas bases para
ser consideradas válidas. O premio consiste nuns auriculares AirPods
Pro (2023 2ª xeración) de Apple. O sorteo realizarase de maneira
aleatoria e a persoa gañadora anunciarase o 23 de decembro de 2023 a
través da páxina web de
atlanTTic, das súas redes sociais e tamén será notificada por
correo electrónico.