O certame de Curtas co Móbil elixirá gañadores mediante votación en Facebook
mércores, 10 de decembro do 2014
A AMTEGA vén de publicar hoxe
en Facebook os cinco vÃdeos finalistas do concurso Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020 para que até
o 19 de decembro calquera internauta poida votar o vÃdeo que considere que mellor
representa o futuro de Galicia a través das TIC. Os vÃdeos gañadores serán os
dous que máis gústame obteñan dentro
do apartado.
O certame Curtas co Móbil, dirixido a mozos e
mozas matriculadas na ESO ou Bacharelato de Galicia, de entre 14 e 18 anos é
unha das iniciativas do proceso de elaboración da Axenda Dixital de Galicia
2020, a futura estratexia tecnolóxica global da Xunta.
Presentáronse un
total de 44 curtas de 16 centros educativos das catro provincias galegas,
realizados por mozos e mozas en grupos dun máximo de 5 persoas. Os
participantes amosan a súa destreza cinematográfica nun vÃdeo dun máximo de 3
minutos de duración no que relatan como imaxinan que a tecnoloxÃa transformará
Galicia no futuro.
Os vÃdeos recibidos foron valorados por un
xurado especializado no ámbito da Sociedade da Información e as Novas
TecnoloxÃas, formado por 2 representantes da AMTEGA, 1 representante de la
ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e 1 profesor de
ESO/Bacharelato, que preseleccionou cinco vÃdeos finalistas.
O premio consistirá nunha tableta para cada
alumno responsable do vÃdeo máis votado e unha minitableta para cada un dos
alumnos responsables do segundo vÃdeo máis votado. Ambos os dous vÃdeos serán
publicados como gañadores no Blog XenteDixital
e en Facebook.