O comercio electrónico, entre os sectores de meirande potencial para a poboación desempregada de Compostela
venres, 29 de novembro do 2013
Entre
os sectores que loitan por abrollar e coller forza no medio a crise,
salienta o do comercio electrónico. Así o fixeron saber a Cámara
de Comercio e o Concello de Santiago na
presentación dun estudo sociolóxico dirixido a pórlles nome aos
eidos produtivos máis emerxentes e aos colectivos con meirande
potencial de emprendemento na contorna de Santiago. O estudo foi dado
a coñecer no Pazo de Congresos de Galicia no marco do Foro de
Intrermediación e Emprego. A
presentación estivo
dirixida pola técnica
de creación de empresas e responsábel
do viveiro da
Cámara de Comercio de Santiago, Rosa
Cardeso. Baixo
o epígrafe
Os
sectores económicos emerxentes e novos nichos de emprego para a
promoción do emprendemento,
o traballo céntrase pois
en avaliar polo miúdo
os sectores emerxentes nos que a poboación parada de Santiago pode
atopar un oco para a súa creatividade e iniciar proxectos.
O
estudo afonda tamén nos incentivos a atrancos para os devanditos
retos de creación de novas empresas, e máis nas
posibilidades do mercado para asumir novas actividades económicas.
“Nun contexto xeral”, informouse
na presentación,
“un 4,7 por cento da poboación galega está emprendendo, e
o
seu perfil caracterízase por ser urbano, feminino nun 43 por cento,
cunha idade media de 37 anos e un 25 por cento dos casos con estudos
universitarios”. A
investigación fíxose
nestes tres últimos meses a través de fichas técnicas a
desempregados, para as que se elaboraron
300 enquisas
a
persoas paradas de entre 18 e 64 anos. O traballo de investigación
ten
un contexto xeográfico definido: o da cidade de Santiago e a súa
contorna, “vertebradas polo
turismo, a universidade, o comercio e a súa condición de
capitalidade administrativa de Galicia”, sinálase.
Como sectores ou actividades emerxentes na área de Santiago, o
estudo salienta
o
desenvolvemento tecnolóxico, o
comercio electrónico, os
produtos
e servizos de
baixo custe,
a
hostalería e o
turismo, a
atención
social, os
econegocios e os
servizos auxiliares.
Na
investigación sinálase tamén que Santiago
conta arestora
cuns
9.000 parados (procedentes
a maioría do sector servizos),
e
que a unha terceira parte deles
atráelles a experiencia do autoemprego, especialmente a mulleres e
aos máis novos, e un 16 por cento conta con proxectos previos no
terreo do emprendemento.
Pola
súa parte, as
empresas participantes na sondaxe aconsellan aos futuros
emprendedores “estudar o mercado, traballar duro e ser constantes”.
Os
parados, porén,
engaden ao traballo duro ter unha idea de éxito e contar cun bo
plan de negocio. No caso de optar polo autoemprego, un 8 por cento
dos composteláns parados apostan por un proxecto online e
un 71 por cento por un negocio tradicional.