O congreso IDEAL premia un artigo sobre robótica colaborativa do Campus de Ferrol
martes, 17 de novembro do 2020
A
XXI edición da International Conference on Intelligent Data
Engineering and Automated Learning (IDEAL 2020) celebrada os días
4, 5 e 6 de novembro en Guimarães (Portugal) premiou
o artigo de investigación Detecting Performance Anomalies in the
Multi-Component Software Collaborative Robot do grupo Ciencia e
Técnica Cibernética da Universidade da Coruña (Campus de Ferrol)
na categoría de mellor aplicación de aprendizaxe máquina (Machine
Learning).
Héctor
Quintián, Esteban Jove e José Luis Calvo Rolle, integrantes do
grupo de investigación Ciencia e Técnica Cibernética da
Universidade da Coruña, asinan un traballo no que tamén colaboraron
Nuño Basurto, Carlos Cambra e Alvaro Herrero, membros do grupo de
Intelixencia Computacional Aplicada da Universidade de Burgos, e
Emilio Corchado, do grupo de investigación en Bioinformática,
Sistemas Informáticos Intelixentes e Tecnoloxía Educativa da
Universidade de Salamanca.
Tal
e como explican os propios autores, no eido da robótica
colaborativa, “a detección de anomalías xoga un papel crucial
para asegurar o correcto desempeño dos distintos actuadores”.
Nesta liña, os investigadores propoñen un sistema que permite
detectar o mal funcionamento dun robot botando man dos seus
compoñentes. Segundo reflicte a UDC, este sistema apicado a partir
do uso de técnicas de Intelixencia Artificial obtivo xa grandes
resultados á hora de identificar situacións anómalas.