O director xeral de Acer dimite tras presentar importantes perdas trimestrais
mércores, 6 de novembro do 2013
Ao peche do terceiro trimestre fiscal do ano, a empresa
taiwanesa Acer rexistrou uns ingresos de 95.150 millóns de dólares de Taiwán e
unhas perdas operativas
de 2.570 millóns (64,69 millóns de euros), o que consideran que é
consecuencia en boa medida da preparación da compañía para o lanzamento de
Windows 8.1 e ao pagamento dunha compensación tras un litixio, polo que
estariamos ante unha situación puntual que non impediu que o máximo responsable
da compañía, J. T. Wang,
presentase a súa dimisión, para ser substituído por Jim Wong.
Ábrese agora un proceso de transición que culminará o vindeiro 1 de xaneiro,
cando Jim Wong consolidará o carto de director xeral da compañía, á vez que se
está a aplicar un plan de reestruturación que busca transformar a compañía para
devolvela aos números negros ao adaptarse aos cambios nas condicións do
mercado, que nos últimos 2-3 anos forno demasiado grandes, non sendo capaz a
compañía de reaccionar a tempo.
Os plans de reestruturación de Acer inclúen unha redución de persoal e poderían
afectar negativamente aos resultados financeiros da compañía en 2013, agardando
que a partir de 2014 se vexan reflectidos positivamente nos resultados da
empresa taiwanesa.