O documento Lingua Vital de Queremos Galego reclamará máis presenza dixital da nosa lingua
mércores, 21 de xaneiro do 2026
A praza da Quintana acollerá o 14 de marzo unha asemblea multitudinaria e aberta na que Queremos Galego presentará á sociedade os resultados do proceso social Lingua Vital. Asà o deu a coñecer a Mesa para a Normalización LingüÃstica a través do seu presidente, Marcos Maceira, xunto con representantes das 57 entidades sociais que participaron no proceso social e que, segundo anunciaron, participarán no evento multitudinario do 14 de marzo.
O documento Lingua Vital foi elaborado por máis de 100 persoas activas nos ámbitos dos dereitos lingüÃsticos, a calidade da lingua, servizos públicos, ensino, sociedade e economÃa, medios de comunicación, novas tecnoloxÃas da información, cultura e acción exterior, a partir das máis de 1.300 achegas procedentes das asembleas convocadas en todas as comarcas.
Segundo indicou a coordinadora de Queremos Galego, Celia Armas, “o 14 de marzo veremos o resultado dun proceso amplo, plural e participativo na procura de solucións efectivas para o idioma procuradas a través do encontro e a colaboración para reverter a emerxencia lingüÃstica, co convencemento absoluto de que é reversible e de que existe moito futuro para o noso idioma". Armas sinalou as principais liñas que seguirá o documento que será aprobado definitivamente o 7 de febreiro.
Lingua Vital proporá avances normativos para a oferta positiva e a extensión e información sobre dereitos lingüÃsticos, a necesidade de fomentar unha lingua de calidade, a consolidación do galego como a lingua normal, predeterminada e plenamente operativa en todos os servizos públicos, a derrogación do decreto contra o galego no ensino xunto a un calendario de aplicación de medidas conducentes a facer do galego a lingua vehicular e, finalmente o apoio institucional e social ao uso e promoción do galego nos territorios de lingua galega situados fóra da comunidade autónoma e accións destinadas a afondar nos vÃnculos coa lusofonÃa.
Para Marcos Maceira, mentres as entidades sociais se activaron para enfrontar a emerxencia lingüÃstica, "a Xunta só actuou para contestar o movemento social", facendo ver unha "suposta intención de viraxe desenmascarada pola súa propia actitude nos 15 meses que pasaron desde que se coñeceron os datos oficiais".
Criticou “a eliminación do coñecemento de galego para entrar nas listaxes de contratación pública, a posibilidade de que a TVG deixe de usar o idioma de Galiza, o boicot de Rueda á oficialidade do galego na UE, a oposición á entrada de Galiza na UNESCO, a lei de IA que exclúe a lingua, a supresión nos pregos dos campamentos de verán, o uso do castelán en campañas para a mocidade, a falta de recursos para a tradución ao galego de programas como Atenea e o desinvestimento en accións normalizadoras nos centros educativos ou o control do IGE.
O voceiro de Queremos Galego sinalou que “toda esta colección de ataques á lingua en tan só 15 meses é un novo récord na agresividade do PP e da Xunta contra o seu propio idioma", producido "mentres anunciaban un autopacto opaco e excluÃnte no que xa incumpriron o primeiro compromiso de presentalo antes de acabar 2025".
