O editor de partituras virtuais MuseScore, dispoñible en galego
luns, 17 de novembro do 2008
O centro Mancomún vén de informar da dispoñibilidade en galego dun novo programa para a creación musical ligada ao tecnolóxico: MuseScore. A ferramenta, que permite facer de xeito doado a edición dunha partitura virtual e que se sitúa na liña do Sibelius (polo menos en feitura), funciona arestora de xeito moi semellante a unha rede social en liña, incrementándose cada dÃa a súa comunidade de usuarios e funcionalidades. Por esta razón, e por tratarse dun programa aberto multiplataforma (con licenza GNU GPL), o desenvolvemento da versión galega como nova porta de acceso ao eido internacional en liña ten a xuÃzo de Mancomún especial importancia.
Para facérmonos unha idea da súa relativamente alta repercusión en certos sectores da comunidade web (para tratarse dun recurso moi especializado), sinalar que a versión publicada o pasado mes de setembro, a edición 0.9.3, foi obxecto xa de máis de 10.000 descargas.
Por certo que a aplicación foi traducida á nosa lingua polo voluntario Xosé, quen xa fixo chegar o proxecto aos órganos de supervisión do mesmo á espera de que sexa incluÃdo no programa. Asemade, o traballo está dispoñible no wiki de Mancomún na súa listaxe de aplicacións dispoñibles en galego. Estas son algunhas das caracterÃticas da ferramenta: permite escribir as notas nunha partitura virtual, inclúe número ilimitado de pentagramas e ata catro voces por pentagrama, posibilita a inserción doada e rápida das notas mediante o rato, o teclado ou MIDI e achega un secuenciador integrado e sintetizador por software FluidSynth. Asemade, importa e exporta MusicXml e ficheiros MIDI Estándar (SMF).
