O especialista en seguridade Ross Anderson estará nas Xornadas de CriptografÃa do GPUL
martes, 8 de maio do 2012

- Ross Anderson, da Universidade de Cambridge, entrevistado pola BBC
Ross Anderson, doutor da Universidade de
Cambridge e un dos principais expertos internacionais no ámbito da seguridade
tecnolóxica, estará os dÃas vindeiros na Coruña para participar na cuarta edición
do Obradoiro
de CriptografÃa que organiza GPUL
na Facultade de Informática. Anderson, ligado ao prestixioso Security Group, falará na
FIC sobre criptoloxÃa, seguridade e sobre a fronteira ou os lÃmites da
investigación nestes dous eidos.
Lembrar que Anderson ten participado en varios
desenvolvementos criptográficos como as primitivas Bear, Lion ou Tiger, ou no código
de cifrado de bloques Serpent. Tamén ten investigado as relacións da economÃa e
a seguridade, e é un defensor das liberdades no mundo dixital, segundo informa
o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux.
A achega de Anderson (programada para o mércores
16 de maio ás 10.00 horas no dito centro) complementarase con diversas charlas
e obradoiros de especialistas locais nos devanditos ámbitos temáticos, que
amosarán as técnicas máis innovadoras e recentes nas que están a traballar. O
obradoiro desenvolverase entre os dÃas 14 e 16 de maio, no salón de actos da
Facultade, no andar 0. No caso de querer rexistrarnos nesta actividade, cómpre
ter en conta que se pode facer a través da Rede, nunha ligazón
especÃfica.
