O éxito en YouTube de Susan Boyle non está a ser capitalizado publicitariamente
venres, 24 de abril do 2009
- Os vÃdeos de Susan Boyle son identificados en YouTube coma propiedade de ITV, pero non presentan publicidade
Procurando
rendibilizar o éxito do programa televisivo Britain’s
Got Talent, na súa presente edición buscaron un acordo con Google, de xeito
que os cortes de vÃdeo sacados da emisión da canle británica ITV eran
identificados en YouTube, facendo que se impedise a incrustación dos clips en
páxinas web alleas, para unha mellor explotación publicitaria do que, grazas á sorpresa causada pola actuación da agora
mundialmente famosa Susan Boyle, superarÃa xa os 100 millóns de reproducións (un dos moitos vÃdeos da
actuación subidos a YouTube anda polos 42 millóns) e deberÃa estar a xerar
uns interesante beneficios para a canle televisiva, o que non está a acontecer
porque mentres negocian os termos
desta explotación con YouTube pediron
que non se incrustase publicidade nos vÃdeos.
Ben McOwen Wilson, director de servizos en liña de TIV declarou que o
fenómeno de Susan Boyle non deberÃa limitarse ás condicións estándar de YouTube,
o que resulta realmente abraiante, pois esta actitude poderÃa terlle custado
entre 1 e 2 millóns de libras esterlinas en publicidade non explotada, aÃnda
que hai que recoñecer que para o programa televisivo e a canle que o emite o
éxito que están a ter os vÃdeos na Rede supoñen unha publicidade impagable.