O fondo tecnolóxico i2c xa ten destinados 4,16 millóns de euros a 4 empresas galegas
mércores, 1 de agosto do 2012
- Consello da Xunta celebrado hoxe en San Caetano
Durante o Consello
da Xunta que tivo lugar hoxe en San Caetano deuse conta do fondo
tecnolóxico i2c impulsado pola ConsellerÃa de EconomÃa e Industria para apoiar
proxectos innovadores en sectores altamente tecnolóxicos para mellorar a
competitividade das empresas galegas para o que Xesgalicia xestiona recursos
orzamentados en 20 millóns de euros dos que levan investidos 4,16 millóns en
préstamos participativos ás empresas Nanogap, Keramat, Scio Soft e Blusens, o
que lles permitirá incrementar os seus cadros de persoal e impulsar as súas
estratexias de internacionalización.
Podemos comprobar que entre as empresas citadas destacan as pertencentes ao
sector TIC, como a coruñesa Scio Soft, á
que se lle aprobou a concesión dun préstamo dun millón de euros para a produción
de elementos de seguridade marÃtima no marco dun proxecto con alto contido de
I+D, o que permitiralle incrementar nun 50% o seu cadro de persoal, que será de
12 persoas en 2016. Tamén Blusens Technology
gozará dun préstamo participativo, que neste caso ascende a 1,5 millóns de
euros para apoiar un proxecto de investimento en I+D, asà como en novas
instalacións de fabricación, o que permitirá que a empresa compostelá pase dos
149 empregados actuais a 157 en 2014.