O grupo galego Internaco comercializará robots para contornas agrÃcolas
venres, 29 de xullo do 2022
A
empresa de maquinaria agrÃcola AG Group, do grupo galego Internaco
(con sede en Ordes) asinou esta semana un acordo coa francesa Naïo
Technologies que contempla a distribución en exclusiva dos produtos
de automatización intelixente da marca para os mercados de España e
Portugal. Naïo Technologies, empresa pioneira en robótica, é un
referente europeo en robots autónomos para contornas agrÃcolas
cunha cota de mercado en Europa superior ao 50%.
A
empresa francesa deseña, desenvolve e comercializa, unha ampla gama
de robots autónomos 100% eléctricos para axudar aos agricultores
nas súas tarefas, solucións que permiten alixeirar a carga de
traballo, optimizar a rendibilidade das explotacións e limitar o uso
de insumos quÃmicos.
Desta
forma, o Grupo Internaco completa e apoia con este acordo a súa
aposta pola robotización nas contornas de xardinarÃa, forestais e
agrÃcolas.
O
Grupo Internaco, fundada en Ordes (A Coruña), está especializado
desde 1976 na comercialización de solucións innovadoras e
competitivas, pondo a disposición dos seus clientes produtos e
servizos orientados ao coidado de espazos naturais e do sector da
ferraxarÃa e a bricolaxe, a través dunha ampla e especializada rede
de distribución. Cun volume de negocio de 112 millóns e 250
empregados, ao peche do exercicio 2021 rexistrou un incremento do 14%
con respecto a 2020 e do 30% respecto de 2019.