O hardware certificado para Vista deberá pasar probas de compatibilidade para o futuro Windows 7

luns, 2 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Microsoft quere que o sistema operativo Windows 7 proxectado para xaneiro de 2010 chegue con total seguridade, de xeito que a partir do pasado domingo os fabricantes que desexen que os seus produtos estean certificados para o seu uso con Windows Vista deberán comprobar que pasan as probas para funcionar correctamente en Windows 7.
Resulta curioso que xa exista unha ferramenta para verificar o bo funcionamento de hardware baixo o futuro sistema operativo de Microsoft, pero que os fabricantes teñan xa que telo en conta garantirá que os usuarios poidan empregalo satisfactoriamente dende o seu lanzamento, evitando os problemas iniciais que tivo Vista.

PUBLICIDADE