O iPhone 3G poderÃa estar preto do seu adeus
martes, 25 de maio do 2010
Ao confirmarse que Steve Jobs abrirá o WWDC o luns 7 de xuño dáse por
entendido que será o dÃa no que presentarase en sociedade o futuro modelo do
iPhone, e este segredo a voces está a verse confirmado polas consecuencias que
está a ter nos anteriores modelos do móbil de Apple, xa que nas últimas horas desapareceu
da páxina web da compañÃa de Cupertino a posibilidade de mercar un iPhone 3G
(terminal que só gozará parcialmente das bondades do iPhone OS 4, por carecer
de potencia suficiente para prestacións como a multi-tarefa) e incluso a cadea
de tendas Walmart
reduce o prezo do iPhone 3GS de 16 Gb a 97 dólares (cun contrato de
permanencia de 2 anos) no que parece unha clara operación para reducir
inventario dun terminal que vai ter problemas para colocarse no mercado unha
vez que exista un modelo que promete un grande paso adiante en múltiples
aspectos e cun cambio de aparencia notable (algo que non aconteceu coas anteriores
versións do iPhone).
Ante estes movementos entendemos que Apple está a procurar que os usuarios dos
seus móbiles renoven os seus terminais cada 24 meses, de xeito que este serÃa o
prazo máximo no que un iPhone gozase de actualizacións do seu software sen perder
importantes prestacións (o que queda claro ao ver que o iPhone 2G non contará
co iPhone OS 4 e o iPhone 3G terá un soporte limitado do mesmo).