O mércores botan a andar os GPUL Labs na Coruña
luns, 8 de febreiro do 2016
O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux da Coruña
(GPUL) comeza esta semana unha serie de sesións formativas coñecidas como GPUL Labs, que buscan fomentar o
desenvolvemento de software en código aberto e crear unha comunidade de
desenvolvedores que cada semana participará nunha actividade práctica enfocada a
unha tecnoloxÃa libre.
A primeira destas actividades será unha charla de introdución a
Python, Git e GitHub, impartida polo estudantes da Facultade de Informática
da Coruña Fran Rúa e Breixo Camiña, que achegarán os conceptos básicos de
Python facendo unha pequena aplicación que publicarase nun repositorio Git para
o que crearán unha conta en GitHub, de xeito que poderase coñecer todo o
proceso dun xeito práctico, de aà que os asistentes a este obradoiro deban
acudir co seu ordenador portátil (e ter coñecementos básicos de programación).
A Facultade de Informática da Coruña acollerá esta actividade o vindeiro
mércores de 17:30 a 20:30 horas.
No que resta de mes tamén impartiranse charlas para avanzar en
Git e programar
unha Raspberry Pi.
