O navegador web para Wii pasa a ser de balde
martes, 1 de setembro do 2009
Os usuarios da Wii de
Nintendo poderán descargar
de balde a partires de hoxe o Canal
Internet para a súa consola doméstica, que vén a ser unha
versión especial do navegador web Opera que permite explorar a Internet e
incluso soporta tecnoloxÃa Flash, e que ata o momento estaba á venda por 500
Wii Points.
Para compensar aos usuarios da Wii que pagaron estes puntos no pasado polo Canal
Internet, a partires de outubro recibirán unha compensación en
forma dun xogo de NES para a consola virtual valorado no mesmo prezo.