O piloto Ricardo Suárez amosa este mércores en Vigo a súa experiencia á fronte da tenda en liña Rodamoto
martes, 24 de setembro do 2013
A
asociación AJE-Galicia
segue adiante coas súas actividades de divulgación arredor de como
pór en marcha unha iniciativa empresarial propia botando man das TIC
e conseguir un resultado competitivo e rendíbel. Nesta liña
insírese a cita deste mércores 25, unha charla co piloto Ricardo
Suárez, subcampeón de España de motociclismo que contará aos
asistentes, entre outras cousas, como logrou que a tenda en liña
Rodamoto teña clientes en dúas
ducias de países e se tivera convertido nunha empresa líder na
venda en Internet de pneumáticos (amais de ter triplicado a súa
equipo de traballadores ao longo de cinco anos de crise).
A
charla de Suárez insírese dentro do ciclo Así
o fago eu,
un programa de actividades de AJE Galicia que consiste en convidar a
empresarios novos para que compartan cadansúa experiencia de éxito.
A cita co piloto desenvolverase a partir das 19.00 horas, na sede da
asociación (número 53 da rúa Príncipe de Vigo).