O portal de vídeos Stage6 pechará o 28 de febreiro
martes, 26 de febreiro do 2008
- Stage6 permitía a descarga de vídeos de alta calidade
Os responsables de DivX sacaron hai preto de 2 anos un engadido que permite
reproducir vídeos no seu formato dende os navegadores web, como un sistema
alternativo ós vídeos en Flash que emprega YouTube, e para promovelo lanzaron o
portal Stage6 que deixaba que os usuarios cargaran contidos no mesmo e que se
fixo moi popular por servir coma almacenamento para moitas páxinas web que
recompilaban películas e series de televisión.
Manter este servizo, que precisaba de moito almacenamento e largo de banda para
achegar os contidos ós usuarios, resulta moi caro, polo que dende DivX anuncian
que o vindeiro día 28 pecharán esta
web definitivamente.
Está claro que economicamente non é viable unha plataforma con moitos accesos e
descargas pero que apenas xera ingresos económicos, xunto co feito de que Stage6 estaba a ser
obxecto de demandas xudiciais, o que podería afectar seriamente á súa
empresa matriz (DivX) aínda que non o recoñezan no comunicado no que informan
do peche do seu portal de vídeos.
Sabendo que quedan poucas horas de actividades desta plataforma de vídeos xa
hai moitos usuarios que acoden en manada a descargar algúns dos seus clips
favoritos, para a súa visualización no futuro.