O potencial comercial e o prestixio do .gal, eixe dunha xornada na Cámara de Comercio de Santiago
luns, 27 de outubro do 2014
A
Cámara de Comercio de
Santiago de Compostela celebra este martes 28 unha xornada de
balde sobre o prestixio e as posibilidades comerciais e
comunicacionais que se abren co dominio de Internet propiamente
galego. O evento Imaxe de empresa e a marca na Rede: Dominios
.gal, a túa identidade desenvólvese no salón de actos da
entidade, en horario de 10.00 a 14.00 horas. A xornada estará
impartida pola directora do departamento de Dominios da empresa
Herreros & Asociados, Vicky Ruiz, que explicará a función e o
valor empresarial dos dominios de Internet e o procedemento de
rexistro, “nunha contorna en liña actual que provoca a necesidade
de reinventar novas estratexias de mercadotecnia dixital”.
A
xornada, engade a organización da mesma, “pon de manifesto a
importancia que teñen para as empresas os dominios de Internet, xa
que estes convertéronse en marcas dixitais, sendo imprescindíbeis
para a promoción de actividades e produtos, a interrelación con
clientes e provedores, o comercio electrónico e a publicidade”. En
boa medida, afondarase en exemplos específicos do devandito como os
dominios específicos .tienda, dirixido ás empresas de venda en
liña, .company, .food ou .menu destinados ás firmas de
alimentación, .guru, .technology, .tips, .photos ou .systems., que
forman parte dos 1.700 dominios xa aprobados pola entidade Internet
Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN) e que entrarán
en funcionamento de xeito progresivo durante os vindeiros meses “e
cun prezo axustado”, sinálase.
Ao
mesmo, tempo na xornada farase fincapé no dominio .gal, como
identidade de todos os galegos. Segundo avanza a relatora, “o
dominio .galego servirá como identificación da orixe xeográfica da
empresa, achegando un valor engadido aos produtos, sobre todo en
sectores como a alimentación e o téxtil galego”. A experta avanza
tamḉen que o uso destes novos dominios pode ser moi importante pola
súa preferencia no posicionamento en buscadores de Internet como
Google.
Vicky
Ruiz describirá tamén a posta en marcha do Trademark
Clearinghouse, o mecanismo máis importante creado para protexer
as marcas e dereitos de propiedade industrial de empresas e
particulares de todo o mundo.