O proxecto depoGAP inicia o desenvolvemento de probas piloto
venres, 18 de outubro do 2013
A Deputación de Pontevedra, a través do servizo de
Novas TecnoloxÃas, está a desenvolver, o proxecto
depoGAP: Xestión de Activos da Provincia
de Pontevedra, co financiado nun 70% polo Ministerio de Facenda e
Administracións Públicas a través de fondos FEDER.
Este proxecto ten como principal obxectivo dotar aos concellos dos medios
necesarios que lles permitan optimizar a xestión dos seus activos mediante
modelos de mellora continua da calidade, eficiencia e optimización de custos. A
través do mesmo, inténtase proporcionar información aos concellos que lles
facilite a toma de decisións, ademais de reforzar a participación cidadá na
xestión de asuntos públicos. Os activos municipais constitúen unha das
principais partidas de gasto das administracións públicas, polo que a mellora
da súa xestión se antolla fundamental.
Para levar a cabo o proxecto depoGAP é preciso desenvolver unhas probas piloto
a través das que farase unha análise da situación actual dos activos existentes
en tres concellos de distintos rangos poboacionais. Os concellos seleccionados, A
Estrada, Mos e Ribadumia, tratarán de ser representativos da
realidade provincial co obxectivo de definir a estratexia que se vai seguir
dentro do alcance global no proxecto depoGAP.
O xefe de Servizo de Novas TecnoloxÃas da Deputación de Pontevedra, Amancio
Varela, presentou aos alcaldes dos citados concellos, os principais obxectivos,
asà como os beneficios que lles achegará o proxecto depoGAP e a necesidade de
desenvolver as probas piloto nos concellos aos que representan.
Amancio Varela, explicou que con este proxecto se optimizará a xestión de
activos e servizos municipais, o cal suporá un aforro económico, proporcionaralles
información actualizada que lles axude á toma de decisións e fomentará a
participación cidadá na xestión dos servizos municipais. Ademais, destacou que
para o éxito do proxecto será fundamental a implicación e colaboración dos
concellos.