O proxecto galego Vagalume servirá de piar á nova versión da plataforma móbil de Nokia
venres, 30 de xaneiro do 2009
Nokia semella ten un ollo posto na nosa terra. Concretamente, nos traballos que dirixiu a empresa de software libre Igalia para dotar dun reprodutor musical integrado á rede social Last.fm. Por certo que esta aplicación ten nome propio, Vagalume, e dela dimos conta polo miúdo hai uns cantos meses nesta mesma web (incidindo nos traballos de adaptabilidade a Windows levados a cabo por Igalia). A idea de Nokia non se reduce a valorar positivamente a proposta galega, aÃnda que tamén (Vagalume foi distinguida pola firma finesa tecnolóxica como Estrela Fremantle), senón que vai alén do puramente conmemorativo. Segundo informa Vieiros, a intención é tirar proveito dos traballos de Igalia para contribuÃr no deseño dunha nova versión da súa plataforma de código aberto para dispositivos móbiles: Maemo 5.
Con este fin, tanto Vagalume como as outras iniciativas recoñecidas para servir de piar á dita plataforma, será obxecto de apoio técnico, divulgativo e orzamentario por parte do fabricante de móbiles. A ferramenta de Igalia, desenvolvida por grupo de traballo dirixido por Alberto GarcÃa, foi seleccionada a través dos criterios arestora máis fiables e finalmente obxectivos: os criterios da colectividade. De feito, a elección tivo o seu xermolo nunha enquisa levada a cabo pola comunidade de Maemo co fin de escolmar os candidatos a recibir as Estrelas Fremantle.
