O reto da Liga Maker Drone será neutralizar niños de velutina
venres, 27 de outubro do 2023
Os 180 alumnos de
segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) seleccionados en toda
Galicia para participar na 3ª Liga Maker Drone coñeceron
esta mañá o reto exposto polos promotores desta iniciativa, Fundación
Barrié e Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG): neutralizar niños de velutina
(ficticios) mediante o lanzamento de cápsulas de insecticida no seu interior.
A directora da
Fundación Barrié, Carmen Arias, e o responsable de I+D da división de drons de
ITG, Jorge Seoane, inauguraron a xornada na que se revelou o reto tecnolóxico
ao que os escolares se enfrontarán este curso e que poñerá a proba a súa
creatividade, enxeño e capacidade para traballar en equipo. Os sistemas dron deseñados para resolver o
reto presentaranse nunha xornada final de exhibición, que terá lugar no mes de
maio.
Durante a xornada
os alumnos penetráronse no mundo da enxeñerÃa e as carreiras STEM, a través
dunha visita demostrativa ao DroneFinder, o sistema de procura e
localización de desaparecidos desenvolto por ITG e talleres prácticos de
robótica, programación, circuÃtos electrónicos, realidade virtual e pilotaxe de
drons.
E é que a
formación tecnolóxica representa máis do 50% da liga Maker Drone e estrutúrase
en tres módulos: unha sesión de introdución á pilotaxe de drons, con formación
teórico-práctica sobre a seguridade, o uso, montaxe e mantemento de drons; tres
sesións de formación sobre materiais e a súa fabricación, mecatrónica e
sistemas avanzados; e tres sesións de adestramento en voo. Ademais, os equipos
contarán con dous kits dron, o soporte técnico e os recursos necesarios para
desenvolver a solución ao reto exposto.
VÃdeo de presentación do novo reto
Xornada final
En maio de 2024
celebrarase a Xornada de Exhibición, na que se presentarán as demostracións das
solucións deseñadas por cada equipo, que serán avaliadas por un xurado
especializado, nas categorÃas de mellor deseño (atendendo á optimización dos
requisitos técnicos especificados como menor peso, menor custo etc.)/ etc.), a
solución máis disruptiva (valorarase a creatividade e innovación da solución
proposta para a resolución do reto), a destreza en voo (avaliando a destreza na
pilotaxe do dron) e a mellor presentación (analizando a expresión oral,
claridade e creatividade na exposición da solución ao reto).
Tanto en róldalas
eliminatorias como na gran final, gañará o equipo que máis niños de velutina
neutralice no tempo marcado pola organización. O equipo que se proclame gañador
da liga Maker Drone obterá un trofeo e cada un dos seus integrantes recibirá unha
medalla e un kit dron, mentres que os equipos gañadores das distintas
categorÃas recibirán unha medalla e un kit de programación.
18 centros das 4 provincias
Os dezaoito
centros que están a participar están distribuÃdos nas catro provincias galegas.
Da provincia da Coruña van participar 8 centros: CPR Liceo A Paz, da Coruña;
CPR Manuel Peleteiro, de Santiago de Compostela; CPR Montespiño, de Culleredo;
IES Eduardo Blanco Amor, de Culleredo; CPR PlurilÃngüe Peñarredonda, da Coruña;
CPR Obradoiro, da Coruña; CPR @Ntro. Sra. do Carmen, de Betanzos e CPR
Plurilingüe CompañÃa de MarÃa, da Coruña.
Os centros que
participan da provincia de Lugo son 2: IES Poeta DÃaz Castro, de Guitiriz e IES
Francisco Daviña Rey, de Monforte de Lemos. De Ourense, pola súa banda, repiten
participación o CPR Divina Pastora e CPR Santa MarÃa, Maristas. Por último, da provincia
de Pontevedra participan 6 centros: CPR As Acacias; CPR Plurilingüe RosalÃa de
Castro; IES de Teis e IES Carlos Casares, de Vigo; IES Manuel GarcÃa Barros, da
Estrada; IES Plurilingüe Santiago Apóstolo, de Ponteareas.
Unha iniciativa consolidada
A liga Maker Drone impulsada pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia é xa unha iniciativa consolidada que, nas súas dúas primeiras edicións cultivaron un importante éxito ao congregar, nas súas xornadas de exhibición final na Coruña a 2.500 asistentes. Dos 18 centros escolares das catro provincias que competiron para mostrar as solucións que desenvolveron para responder o reto da liga, os que se alzaron como equipos gañadores do torneo foron; na primeira edición, o CPR Santa MarÃa del Mar, da Coruña e, na segunda edición da liga, o CPR Nosa Señora do Carmen, de Betanzos, que conseguiron levar a cabo a misión no menor tempo.