O sector turístico de Lugo segue xuntando forzas no Youtube da man da Deputación
mércores, 10 de xuño do 2020
A
segunda sesión
das xornadas virtuais Abrindo as portas: o rexurdir do turismo
que organiza a Deputación de Lugo xuntou este mércores 10 de
xuño a representantes das asociacións galegas de axencias de
viaxes, de empresas de turismo activo, de guías de turismo, de
albergues privados e da Asociación Provincial de Empresas de
Hostalería de Lugo. A sesión foi inaugurada pola deputada de Réxime
Interior e Turismo Pilar García Porto. Segundo coincidiron, o sector
estase a preparar cos mellores recursos posíbeis (incluídas as máis
avanzadas ferramentas dixitais) para o escenario post-COVID.
A
sesión, incluída na campaña En Lugo, Si da Deputación,
transmitiuse novamente en directo a través
da canle de Youtube dos Servizos de Audiovisuais da Deputación e
reuniu a representantes de colectivos empresariais da provincia. O
obxectivo: abordar o futuro do sector e poñer en común diferentes
medidas e ferramentas nun novo escenario tras a crise da COVID.
Participaron
o presidente da Asociación Galega de Albergues Privados, Miguel
Ángel Rodríguez, o presidente da Asociación Galega de Axencias de
Viaxes, Juan Antonio Ribadulla, o presidente da Asociación Galega de
Empresas de Turismo Activo e Natureza, Agustín Rico, o presidente da
Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Cheché
Real e a representante da Asociación Profesional de Guías de
Turismo de Galicia, Beatriz Pérez.
Todos
eles salientaron “a transversalidade” das xornadas organizadas
pola Deputación e coincidiron “na importancia de manter o sector
turístico unido no novo escenario que se presenta tras a fase de
confinamento e coa apertura de fronteiras cada vez máis próxima”.
Así mesmo, constataron que están preparados para facer fronte á
nova normalidade e que consideran “clave para a reactivación do
sector” a aposta pola profesionalización, as garantías sanitarias
e a cooperación coas institucións para promover os destinos.
A
deputada de Turismo puxo en valor “o esforzo e o traballo de todos
os profesionais do eido turístico” e destacou que nesta crise
xogaron un papel difícil e agora deberán adaptarse as novas
esixencias: “A provincia de Lugo ata agora contaba con recursos que
eran unha opción á hora de viaxar pero hoxe ademais, son unha
oportunidade. O valor engadido de ter espazos abertos, produtos de
primeira calidade van ser fortalezas dentro do noso territorio e é
fundamental a acción dos profesionais. Nestes momentos tan duros non
podemos esquecer que a Deputación é a casa de todos os concellos,
temos claro que vamos estar aquí para botar unha man. De todo isto
podemos saír se temos a capacidade de sumar e non xerar
enfrontamentos”.
Novas
xornadas
Os
encontros de turismo online da institución provincial terán
continuidade noutras tres sesións: na xornada de mañá xoves, e os
días 15 e 17 de xuño, co obxectivo de ·converterse nun espazo de
intercambio de información, análise e debate de opinións e tamén
de escoita das necesidades do sector e das súas perspectivas sobre a
reactivación turística da provincia”. Con esta iniciativa, a
Deputación pretende facilitar ademais a adaptación con garantías a
todo o que esixe a nova normalidade na actividade hostaleira e
turística e compartir a visión dos retos e oportunidades que ofrece
o novo escenario para o sector.
As
xornadas Abrindo as portas: o rexurdir do turismo abéiranse á
campaña En Lugo, Si, que promove a institución provincial
para impulsar o tecido económico provincial na desescalada.
Pretenden contribuír a incorporar ferramentas e dinámicas que
sirvan para reforzar os valores e fortalezas da provincia como
destino turístico e para afrontar con garantías a chegada de
visitantes neste verán. Os foros de turismo online comezan
ás 11:00 horas e contan coa participación da deputada de Turismo,
Pilar García Porto.
Mañá,
no diálogo con representantes de institucións, entes de xestión e
promoción e sociedade civil intervirán a alcaldesa de Lugo, Lara
Méndez, o presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Luis
Fernández Guitián, o presidente da Federación Galega de Municipios
e Provincias, Alberto Varela Paz, o presidente da Mancomunidade de
Municipios da Mariña Lucense, Francisco Cajoto, a delegada da S.A.
do Plan Xacobeo e Comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, o
presidente da Federación Veciñal Lucus Augusti, Jesús Vázquez
Varela, e o presidente da Asociación Galega de Amigos do Camiño de
Santiago, Manuel López Vázquez.
O
luns 15 de xuño, noutro diálogo con colectivos empresariais
participarán representantes da Asociación de Vivendas Turísticas
de Galicia -AVITURGA-, Asociación de Balnearios de Galicia,
Federación Galega de Comercio, Federación Galega de Turismo Rural e
Asociación de Profesionais do Turismo de Galicia -PROTURGA-.
O
mércores 17 de xuño, no debate Traballando por unha hostalería
segura intervirán representantes da Asociación Provincial de
Empresarios de Hostalería de Lugo -APEHL, Hostalería de España e
da Horeca Data e Proyecto Hostelería Segura.