O sistema de almacenamento en rede OpenMediaVault, en galego
mércores, 15 de maio do 2013
Dende
Mancomún -portal web de referencia que reúne todas as iniciativas
sobre software libre e fontes abertas (FLOSS) galegas- chéganos
a nova da posta en marcha dunha distribución Linux para montar un
sistema de almacenamento en rede ou NAS
(Network
Attached Storage)
polas súas siglas en inglés: OpenMediaVault.
Cómpre subliñar que esta achega está dispoñible en galego,
formando parte dos 15 idiomas aos que está traducido, traballo
feito por Miguel Bouzada,
membro do proxecto
Trasno.
Estamos a falar dunha distribución Linux baseada en Debian pensada
para instalar de xeito doado nun computador un sistema de
almacenamento en rede con servizos como ssh, sftp, smb/cifs, rsync e
moitos outros.
Amais,
grazas ao seu deseño completamente modular, pódese mellorar a
través de complementos ou
plugins.
OpenMediaVault non está encamiñado a un usuario especÃfico, pode
ser empregado tanto en pequenas e medianas empresas coma na contorna
doméstica, aÃnda que non está limitado a estes escenarios.
Emporiso, os requisitos hardware para instalar este sistema son
mÃnimos: 1XByte de RAM e 2 XByte de espazo en disco para a
instalación do sistema, ademais dos discos duros que se queiran
empregar para dar o servizo de almacenamento en rede. Entre as
funcionalidades
do OpenMediaVault salientan o seu sistema de administración web moi
intuitivo, a actualización a través da paqueterÃa Debian, a
capacidade de Wake
on Lan,
diversas funcionalidades de monitorización ou a capacidade de
engadir servizos adicionais a través de complementos como : LVM,
LDAP, cliente Bittorrent, antivirus... Asemade, dispón de
documentación
actualizada en formato
wiki sobre
a instalación e administración: como
instalar e configurar OpenMediaVault
ou como
instalar sobre OpenMediaVault o software Owncloud.
Por último, engadir que se poden descargar
imaxes ISO
para a instalación, acceder aos paquetes
debian
ou descargar o código fonte dende o SCM
do proxecto en sourceforge.
