O sistema operativo Galinux lánzase aos grandes medios de masas
martes, 27 de xaneiro do 2009
|
|
O sistema operativo Galinux que está a impulsar a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información vén de achegarse un treito aos seus potenciais usuarios e usuarias: a sociedade galega inserida (ou por inserir) na era dixital e, a maiores, todas as persoas que dende fóra do paÃs queiran familiarizarse coa nosa lingua pola vÃa tecnolóxica. En definitiva, unha vez desenvolvida a ferramenta, do que se trata arestora é de informar polo miúdo do que contén e do que achega e nunha linguaxe que se entenda. Con este obxectivo, o sistema estase a promover con spots alà onde máis repercusión social se pode atopar: nos grandes medios de comunicación como por exemplo a radio e a televisión, as páxinas web (banners), valados, folletos publicitarios e mesmo no panel dun vehÃculo ben concreto: o autobús da Rede de Dinamización da Sociedade da Información. Por certo que este será o principal punto de subministro do sistema en formato CD por toda a xeografÃa galega. Mentres tanto, cómpre termos en conta que xa é posible descargalo dende a súa web ou nos puntos da Rede de Dinamización da Sociedade da Información.
Máis polo miúdo, lembrar que Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas configurado para facilitarnos a todos os galegos e galegas o uso do ordenador integramente na nosa lingua, e con aplicacións libres e de balde.
|
|
A ferramenta foi presentada o pasado 11 de decembro pola ConsellerÃa de Innovación e o Centro Mancomún. O seu obxectivo principal: ofrecerlle á cidadanÃa galega e en xeral aos responsables de empresas e da administración pública en particular, un escritorio ofimático multimedia de fácil manexo e integramente na súa lingua nai.
Este novo sistema operativo fiable e completamente en galego está baseado en Ubuntu e, ademais de tódalas funcionalidades tÃpicas dun sistema operativo privado, incorpora os principais aplicativos, como o popular navegador web Firefox, as aplicacións de ofimática incluÃdas no OpenOffice.org, un corrector ortográfico de galego, clientes de correo electrónico, un programa de retoque fotográfico, reprodutores de son e vÃdeo, gravador de CD e DVD… todo con actualizacións permanentes de balde, que serán distribuÃdas cada certo tempo para manter o equipo ao dÃa.
Podemos ver a nova sobre a promoción a gran escala de Galinux na web do Plan Galego da Sociedade da Información (ConsellerÃa de Innovación) e máis no caderno de Roberto Brenlla, entre outros.
