O software libre chega a máis de 250 alumnos grazas a GHANDALF
mércores, 15 de outubro do 2014
GHANDALF -entidade sen ánimo de lucro que traballa a prol dunha Sociedade do
Coñecemento baseada nos principios de libre acceso e uso do software
e da información- informou que nestas últimas semanas máis de 250
alumnos pertencentes a diferentes niveis da ESO e de ciclos
superiores (tamén algúns profesores destes centros), recibiron
por parte da dita asociación GHANDALF unha serie de charlas
formativas en materia de programación aberta.
AsÃ,
o pasado 1 de outubro, no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco,
tiña lugar a primeira destas charlas, na que arredor de 100 alumnos
de 1º e 2º da ESO e parte do profesorado, recibiron unha charla de
introdución ao software libre: que é o software libre, como se
obtén, que vantaxes achega e mesmo darse conta de que o estaban a
empregar a diario sen ser conscientes dilo. Na segunda parte da
charla viron exemplos de ferramentas libres que se poden empregar
para as tarefas máis habituais: ofimática, navegación por
internet, retoque fotográfico, xogos, etc.
Por outra banda, no IES Xulián
Magariños de Negreira onte, 14 de outubro, levábanse a cabo outras
dúas sesións, nas que participaron máis de 150 persoas en total. A
primeira delas encamiñada a alumnos e profesorado de 4º de ESO e 1º
de Bacharelato baseouse nos mesmos contidos introdutorios que no caso
anterior, pero adaptados á maior idade dos alumnos asistentes. Coa
charla puideron coñecer máis polo miúdo que é o software libre e
como pode abranguer todas as súas necesidades tecnolóxicas
achegándolles grandes vantaxes. A segunda das sesións estivo
dirixida aos alumnos do Ciclo Superior de Informática (ASIR) e ao
profesorado de informática. O contido desta charla virou máis
técnico: aspectos legais da programación aberta, licenciamento,
desenvolvemento en comunidade, etc. O obxectivo foi que os alumnos,
dado que no futuro estarán a traballar no sector TIC, teñan un
coñecemento maior sobre o software libre, asà como unha base para
chegar a entender a casuÃstica en canto aos aspectos legais,
licenciamento e ferramentas de desenvolvemento en comunidade.
Cómpre
dicir que este tipo de actividades non son novas para a asociación
GHANDALF, xa que dende o seu nacemento no ano 2009 as charlas
formativas dirixidas ao alumnado, profesorado e mesmo profesionais de
diversos sectores veñen sendo un dos seus sinais de identidade.
Engadir que estas charlas forman parte das actividades que a
asociación GHANDALF realiza no marco do Convenio de colaboración
asinado coa AMTEGA
para a difusión do software libre e incluÃdas no Plan
de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.
