O uso de Flipboard poderÃa terse triplicado nun par de meses
mércores, 11 de maio do 2011
Cando
chegou ao iPad a aplicación de balde Flipboard, dando pé a unha revolucionara
revista social virtual para tablets,
quedaba a dúbida de se estariamos ante a flor dun dÃa ou ante unha ferramenta
que o público continuase a empregar despois de deixar de ser una nova, e parece
que finalmente está a consolidarse, o que contrasta co feito de que as revistas
tradicionais adaptadas ao iPad están a ver como as súas vendas caen (e a
revista desenvolvida especificamente para o iPad, The Daily, está a ser un
absoluto fracaso).
O director xeral da compañÃa detrás de Flipboard asegura que pasaron de 3-4
millóns de flips (medida semellante a
páxinas vistas) hai un par de meses a
8-9 millóns, o que supón un crecemento moi importante que poderÃa ser debido ao
forte arranque do iPad 2, aÃnda que o máis interesante desta información é que
indicarÃa que a xente que está a mercar tablets está a utilizalos realmente, algo que non acontece con
todas as tecnoloxÃas de moda.
A boa recepción de Flipboard tamén indicarÃa que existe espazo para a
innovación de formatos nestes novos soportes, descoñecéndose aÃnda o que
trunfará a longo prazo, pero deixando claro que é preciso apostar por novas
fórmulas ao mudar os dispositivos de lectura (como tamén aconteceu cando se
popularizou a web no móbil).