O uso do galego para comunicar nas redes sociais abordarase no LGx15
martes, 14 de outubro do 2025
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) organiza un ano máis unha edición de LGx15, un espazo de reflexión sobre o futuro da lingua galega que tira proveito da Rede para levar a súa mensaxe ao amplo público e que desta volta gravarase no Teatro Principal de Compostela o sábado 25 de outubro a partir das 18:30.
Os interesado en acudir presencialmente á cita, poden adquirir o billete en liña por 6 euros, para asà poder gozar desta serie de relatorios cunha duración máxima de 15 minutos cada un, coa presentación e amenización por parte do dúo composto por Silvia Penas e Jesús Andrés Tejada e coñecido como Cintaadhesiva.
A edición de 2025 de LGx15 contará coa participación de Carlos Callón (quen dará conta das primeiras veces da nosa lingua), MarÃa Maroño (que narrará a súa experiencia como moza galegofalante nas aulas compostelás), Miguel López de Puevo (quen reivindicará que os médicos falen a lingua local), Mariña Lema (que explicará a Vitamina G, suplemento para que a cativada aprenda a falar galego pese a que o seu contexto sociocultural non contribúa a tal), Artur Trillo (quen explica a importancia de ter un nome que te identifique como galego) e Fátima Pego (que fará un percorrido sobre o uso do galego na súa vida, para conectar co público nos escenarios, diante das cámaras da Televisión de Galicia e nas redes sociais, onde ten unha grande actividade).
Lembremos que as charlas do LGx15 poderán verse posteriormente na canle de YouTube de CTNL.
