O vindeiro 8 de xullo Rianxo convértese na capital galega dos videoxogos
xoves, 11 de maio do 2023
O
vindeiro
8 de xullo vaise celebrar a Rianxo Gaming Experience 2023, unha
feira sobre o mundo do videoxogo como produto cultural e de
entretemento, que porá o foco na vertente divulgadora de contidos
educativos destes produtos (mediante charlas e obradoiros) e tamén
nos aspectos máis competitivos vencellados ao ámbito dos eSports.
O programa tamén xirará arredor dos fenómenos Cosplay e PixelArt e
completarase con postos de venda e gastronomÃa.
Haberá
tamén espazo para a música en directo. A hora do xantar estará
amenizada polos Funky Kongs con música de videoxogos, e a Banda da
Escola de Música de Rianxo pechará a xornada cun concerto sinfónico
de bandas sonoras de videoxogos.
​​​​​​​O
evento está financiado polo Concello de Rianxo; a produción corre a
cargo de Lua Gaming e conta coa participación da Fundación Museo do
Videoxogo, Galicia Gamer e a asociación A Vella Escola, con talleres
e actividades divulgativas, lúdicas e competitivas, que o equipo de
Volvemos a Primera Producciones emitirá en streaming ao longo
de toda a xornada.
O
evento contará co apoio e o respaldo de varias empresas e entidades
colaboradoras: A túa Xanela, Ramón y Óscar TubÃo (ROT), Creade
Impresión Digital, BEEP Rianxo, MÃnimo Eventos, LibrerÃa Xacobiño,
LibrerÃa Cándido e a Asociación A Moreniña.
A
feira celebrarase como dixemos o vindeiro 8 de xullo no Campo de
Arriba (praza Castelao), durante toda a xornada.
Poderemos
seguir todas as novidades sobre este evento no seu propio perfil
@rianxogaming na
rede social Instagram.
O
evento está aberto a máis colaboracións ou patrocinios
publicitarios, a novas propostas de organización de actividades, e
tamén á inscrición de persoas voluntarias que queiran participar
na organización. Mediante contacto co perfil social de Instagram ou
no correo gamingrianxo@gmail.com poderemos enviar as nosas propostas
para a súa valoración.