Obama regalou un iPod á Raíña de Inglaterra
xoves, 2 de abril do 2009
Nos últimos días
a atención mediática está dirixida en boa medida a xuntanza do G20 que levou
consigo a visita de Barack H. Obama ao Reino Unido, dando lugar a unha
curiosidade tecnolóxica no Palacio de Buckingham, xa que no seu encontro coa
Raíña de Inglaterra o presidente dos EE.UU. entregoulle
como agasallo un iPod no que se incluía un vídeo coa visita de
Isabel II aos EE.UU. en 2007, así
coma un «raro libro de cancións asinado
por Richard Rogers».
Curiosamente este non sería o primeiro iPod da Raíña Isabel II, pois en 2006 xa
recibira un como agasallo do seu neto, o Príncipe William.