OcioenGalicia.com estrea axenda sociocultural de Santiago de Compostela

mércores, 6 de xuño do 2012 Marcus Fernández

A empresa luguesa Paralelo 43, tras a boa acollida da súa axenda cultural en liña baixo o dominio OcioenLugo.com, decidiu ampliar as súas miras transformándoo nunha especie de portal cultural de ámbito autonómico que pechou 2011 con 400.000 visitas, 3 millóns de páxinas vistas e máis de 33.000 usuarios mensuais, demostrando a demanda que teñen estes contidos na nosa comunidade, e aínda que inicialmente OcioenGalicia.com limitase a súa segmentación de contidos ás capitais de provincia galegas, veñen de incorporar unha nova lapela á súa páxina web que facilita a consulta de actividades de lecer en Santiago de Compostela.
Esta plataforma informativa é especialmente interesante por permitir dar a coñecer concertos, monólogos, exposicións e eventos de todo tipo totalmente de balde, que pasarán a figurar na axenda sociocultural de OcioenGalicia.com, neste espazo en liña no que tamén podemos obter información sobre a carteleira cinematográfica, a restauración e outras informacións de interese para os turistas.

PUBLICIDADE