Open TDT axuda ás administracións locais a crear servizos interactivos para a TDT
luns, 13 de xullo do 2009
A
adopción da Televisión Dixital Terrestre interactiva a través do estándar MHP é
unha asignatura pendente que ten a TDT en España, e para avanzar neste eido
lanzan Open TDT, unha plataforma
baseada en compoñentes de código aberto que busca ofrecer un contorno de
desenvolvemento de servizos ao cidadán por parte de administracións locais
combinando JDK 1.5.0_11, OpenCMS 6.2.2, JBOSS 4.0.5.GA e MySQL 4.1.12, de xeito
que as administracións que desexen aproveitar o potencial da TDT para levar
novos servizos ao cidadán terán moito máis doado facelo, segundo informaron
hoxe mesmo dende Mancomún.
Por desgraza a TDT interactiva está ausente de case todos os fogares españois,
pero é de agardar que segundo vaian aparecendo novos servizos os usuarios vaian
animándose a adquirir receptores que soporten MHP, estándar que tivo moitos
atrancos para a súa comercialización, en boa medida porque o seu uso por parte
dos difusores precisaba do pagamento dunha licenza, o que dende hai pouco máis
dun ano foi
eliminado para as canles que emitan en aberto, medida coa que pretenden
resucitar esta tecnoloxÃa.
Open TDT conta con 3 niveis de aplicación (interactivas, interoperabilidade e
backoffice), desenvolvemento baseado no patrón Modelo-Vista-Controlador, está
orientado a servizos web, baséase en comunicacións SSL, é escalable,
multiplataforma, multiusuario e multiproceso.
Exemplo do aproveitamento da administración electrónica a través da TDT
Demostración do visualizador de HTML para a TDT interactiva
