Opera integra ChatGPT e ChatSonic
mércores, 22 de marzo do 2023
Tras
anunciarse o mes pasado que o
navegador web Opera Ãa integrar ChatGPT, chega a actualización a Opera na
que integra
tanto ChatGPT como ChatSonic, que figuran nos seus atallos laterais, asÃ
como a través dun botón na barra de enderezo no que pon AI PROMPTS e no que
figuran ordes que poden mandarse a estes chats con intelixencias artificiais
xenerativas, con funcións como resumir o contido dunha páxina web, indicar que
é o máis importante dunha web, escribir un chÃo ou incluso crear un comentario
cun ton provocador, o que podemos considerar que son funcionalidades que poden
complementar axeitadamente a experiencia de navegación web.
Cando realizamos unha selección de texto nunha páxina web en Opera, aparte de
funcións como a de copiar, vemos tamén unha serie de instrucións que podemos
realizar aos chats de intelixencia artificial, como explicar o texto, empregalo
como base dunha pregunta de concurso, facer un chiste ou incluso escribir o
texto como se fose dito polo mestre Yoda de Star Wars.
Cómpre salientar que a incorporación de ChatSonic como alternativa a ChatGPT
tamén resulta interesante, xa que esta plataforma tamén ofrece a posibilidade
de crear imaxes mediante DALL·E e Stable Diffusion, pode integrar buscas en
Google e tamén conta coa funcionalidade de converter o texto en voz.
Dende Opera pretenden seguir avanzando na integración da intelixencia
artificial no seu navegador web, tendo incluso a intención de crear un modelo
de linguaxe de seu para non ter que empregar tecnoloxÃas alleas.
- A integración da intelixencia artificial chega incluso como menú contextual de selección