Os SuSE Expert Days chegan a Santiago da man do CPEIG e AGASOL

martes, 7 de marzo do 2017 Redacción

Os SuSE Expert Days son un programa internacional e itinerante de xornadas arredor do sistema operativo SuSE e das potencialidades que achegan as súas ferramentas libres (lanzadas e mantidas pola empresa do mesmo nome) para axudar ás empresas a afrontar nas mellores condicións posíbeis os retos da transformación dixital e a Industria 4.0. A xira, segundo nos conta o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática (CPEIG) vai facer unha recalada en Santiago o vindeiro 16 de marzo. Será na Cidade da Cultura e contarase coa colaboración (precisamente) do CPEIG e máis de AGASOL (a Asociación Galega de Software Libre). Segundo informan, “trátase dunha oportunidade para coñecer, nunha soa mañá, as novidades SuSE para o presente ano”.
Nun plano máis concreto, grazas a esta cita os asistentes poderán achegarse ás tendencias en eidos de interese para os profesionais e as PEME como a transformación dixital e a cultura DevOps. Asemade, as persoas inscritas terán a oportunidade de entrar no sorteo dunha Raspberry Pi 3 B co sistema operativo SuSE Linux Enterprise Server for ARM.
O encontro terá lugar na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, no Centro de Innovación Cultural CINC, Auditorio 1, consonte ao seguinte programa:
· 9:00 - 09:30 Café de benvida
· 09:30 - 09:45 Presentación dos SuSE Expert Days
· 09:45 - 10:00 Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia
· 10:00 - 10:30 O ecosistema de software libre en Galicia (AGASOL)
· 10:30 - 11:30 Transformación dixital. SuSE: Estratexia e futuro
· 11:30 - 11:45 Café
· 11:45 - 12:20 Cara ao novo centro de datos: OpenStack, CloudFoundry, Ceph e Colectores
· 12:20 - 12:50 Transformación dixital: Sistemas de Misión Crítica: SAP, ZeroDowntime e HA con demostracións de LivePatching, full system rollback e MS SQLServer en HA
· 12:50 - 13:40 DevOps: Arquitectura, estratexia e modelo. Developer tools, SLES for Raspberry Pi e Containers as a Service Platform: MicroOS+Docker+Kubernetes
· 13:40 - 14:20 SuSE OpenStack Cloud. Integración de OpenStack con Kubernetes e Docker, HA e non-disruptive update con demostración.
· 14:20 - 14:30 Preguntas
· 14:30 - 15:30 Xantar

PUBLICIDADE