Os altofalantes Google Home chegan a México tras o decepcionante lanzamento español
martes, 26 de xuño do 2018
A semana pasada estreáronse
en España os altofalantes Google Home e Google Home Mini, a un prezo de 149
e 59 euros repectivamente, e cunha grande presenza comercial tanto en liña como
en establecementos fÃsicos, polo que resulta un tanto rechamante que non sexa
ata hoxe cando a compañÃa
de Mountain View anunciou que os dispositivos Google Home por fin falan español
(algo que xa
fan dende hai máis de 2 semanas), o que atende directamente ao lanzamento
dos altofalantes de Google en México.
Que desta volta Google estea a anunciar a estrea dun xeito aberto probablemente
sexa consecuencia do malestar polo lanzamento español, considerado
un rotundo fracaso, que as grandes cadeas de electrónica de consumo
aseguraban que era consecuencia da falta de promoción por parte de Google.
Dende La Vanguardia aseguran que Media Markt fixo un encargo de 30.000
dispositivos de Google, dos que só terÃan vendido uns 600 na estrea, cando
prevÃan vender uns 3.000 na primeira semana. Ante estes resultados culpan
directamente á falta de publicidade nas liñas tradicionais de prensa ou
televisión, de xeito que os produtos son pouco coñecidos para o público xeral.
Noutros mercados este tipo de produtos tamén tiveron un inicio pausado, aÃnda
que agora que poden considerarse produtos maduros sorprende que non fosen
mellor recibidos, aÃnda que o feito de que chegase a España antes Google que
Amazon probablemente non facilitou a promoción destes dispositivos. De
cumprirse os rumores, nun par de semanas teremos os altofalantes Amazon Echo á
venda, e iso suporá o inicio da competencia neste tipo de trebellos, o que poderÃan
impulsar as vendas grazas principalmente á súa maior exposición e ás posibles
promocións e rebaixas.
