Os autobuses do Barça contarán con Wi-Fi grazas a tecnoloxÃa galega
martes, 7 de abril do 2009
Coma os viaxeiros
de autobuses de Arriva ou ALSA,
os xogadores do Fútbol Club Barcelona tamén poderán conectarse á Internet nos
desprazamentos dos seu equipo no autobús oficial grazas a que Arteixo
Telecom chegou a un acordo con Autopullman Padrós (empresa propietaria
do devandito autobús) para dotalos co router
Revisio, o que establece comunicación coa Internet a través da rede
3G/HSPA a ata 7,2 Mbps compartindo este acceso a través de Wi-Fi cos usuarios
do vehÃculo de transporte colectivo.
Deste xeito, os xogadores do Barça poden acceder á Internet dende os seus
móbiles intelixentes, axendas electrónicas, reprodutores multimedia ou consolas
de videoxogos mentres viaxa no seu autobús oficial.