Os avatares de Meta intégranse nas videochamadas
martes, 11 de xullo do 2023
Nos últimos meses
dende Meta están a introducir avatares en todos os seus servizos, como un xeito
de avanzar cara ao Metaverso, aÃnda que na práctica a cousa quede basicamente
nun tipo de adhesivos personalizados, pero agora dan un paso adiante e anuncian
que os avatares
de Meta pasan a integrarse nas chamadas en vÃdeo en Messenger e Instagram, de xeito que cando unha persoa
non poida atender a unha videochamada por non estar presentable (ou estar nun lugar
non que pode violentar a intimidade doutras persoas) en vez de limitar a comunicación
a unha chamada de voz pode establecer unha videochamada cun filtro activado que
converte ao usuario nun avatar tridimensional, facendo asà que os participantes
estean máis presentes na conversa.
Dende Meta tamén salientan que cos avatares tamén poden facerse adhesivos
animados que publicar nas historias de Facebook e Instagram, nos comentarios de
Facebook e incluso nas mensaxes directas; e para ampliar as súas posibilidades
anuncian os adhesivos sociais, que permiten combinar os avatares de dúas persoas
nun único adhesivo, conseguindo asà unha maior complicidade.
Para a creación dos avatares de Meta están a probar unha nova opción en
Facebook e WhatsApp que facilita a personalización dos avatares a través dun selfie
en vivo, o que busca axilizar a creación destas representacións virtuais.