Os centros penitenciarios galegos continúan a recibir formación en software libre
mércores, 24 de setembro do 2014
Por segundo ano consecutivo, o colectivo
de usuarios de software libre da Terra de Melide, MeLiSA, imparte obradoiros
tecnolóxicos con ferramentas libres nos centros penitenciarios de Galicia.O
obxectivo desta actividade é poder achegar á poboación reclusa da nosa
comunidade talleres prácticos nos que coñecer os conceptos básicos relacionados
co software libre, e traballar con ferramentas libres, como LibreOffice, Gimp,
VLC, ou Inkscape. ata o momento, xa se impartiron accións formativas nos
centros penitenciarios de Teixeiro e Bonxe, asà como no CIS Carmen Avendaño de
Vigo.
O obradoiro tecnolóxico de Teixeiro foi impartido durante o mes de xuño polo
voluntario da asociación MeLiSA, Salvador Tabarés. Contou coa asistencia de 15
internos do centro situado no concello de Curtis, os que puideron coñecer de
primeira man as vantaxes de utilizar un sistema operativo libre baseado en
GNU/Linux.
A semana pasada remataron os talleres impartidos en Bonxe e no CIS de Vigo. O
primeiro foi executado tamén por Salvador, e o segundo polo membro de GALPon, Miguel Bouzada.A diferencia dos
talleres executados dentro das instalacións dos centros penitenciarios, as
accións dos CIS son impartidas nas aulas dispoñibles dentro da rede CeMIT.
Onte comezou o obradoiro no centro penitenciario de Monterroso, que conta cun
total de 12 internos participando no mesmo e no
mes de outubro executaranse os restantes obradoiros, no centro de O Pereiro de
Aguiar, A Lama, e o CIS Carmela Arias y DÃaz de Rábago da Coruña. Completando
deste xeito, os 7 centros penitenciarios cos que conta a nosa comunidade.
Estas actividades de MeLiSA están enmarcadas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia ao
abeiro do convenio de colaboración asinado coa AMTEGA.
