Os grupos de WhatsApp poñen máis doado organizar eventos

venres, 28 de xuño do 2024 Marcus Fernández

En WhatsApp están a estrear unha nova función para os grupos, que facilita a organización de eventos, xa que permite que dentro da propia conversa poida publicarse a información dun evento a xeito de convocatoria, para que o resto de participantes poidan confirmar se asistirán.
Os eventos poidan publicarse do mesmo xeito que calquera outro contido distinto do texto (como unha enquisa ou un documento), e o usuario pode detallar o nome do evento, a súa descrición, a hora, o lugar e, en caso de que sexa unha cita virtual, publicar tamén unha ligazón de chamada de WhatsApp (que pode ser de audio ou vídeo).
Para gozar da nova función cómpre ter unha versión recente da aplicación de WhatsApp e aínda non é compatible coa aplicación de escritorio (aínda que si con WhatsApp Web).

PUBLICIDADE